O club
Moitas cousas grandes empezan sendo pequenas cousas. O Imperátor é hoxe algo moi importante e grande tanto no deporte galego como na formación de centos de mozos e adolescentes, pero empezou de forma moi insignificante.
Baixo a batuta de José Luis García de la Torre, o primeiro presidente do Club, o Imperátor foi federado no verán de 1946.
O primeiro local que tivo o club foi o rocho da casa de Fernando Díaz e, posteriormente, outro rocho na casa dos irmáns Calvo Conde. Rochos onde os primeiros directivos limpaban as botas e poñíanlles tacos novos.
Coa entrada na Presidencia do Club de Don Luis Ripoll García prodúcese o auxe do equipo. Había respaldo económico e unha boa dirección técnica a cargo de Manuel Amado Fernández “Manolé”, acadando o ascenso á 1ª División, por certo imbatido, producíndose esta fazaña na temporada 56/57.
Durante a década dos sesenta, o Club Imperátor O.A.R., seguía participando nas competicións oficiais con dous equipos: o de modestos, que militaba en segunda división, e o de xuvenís.
No ano 1964 faise cargo do Club, José Ramón Docal Labaén, pasando a encargarse da dirección técnica Juan José Vieites.
Trala etapa de Docal e despois de varios intentos para conseguir outro Presidente, foi necesario recurrir ós da casa, facéndose cargo do Club Juan José Vieites Rilo, arroupado por un cortísimo número de directivos, que case poderiamos decir que se vía reducido a el y ao bo de Lucho Expósito Diz. Etapa difícil, con grandes apuros económicos pola escaseza de socios e na que se pode decir que a supervivencia do Club Imperátor O.A.R. dependeu, en grande medida, da entrega destes dous cabaleiros.
Na tempada 67/68, o Imperátor contaba cuns 250 socios e obtiña o segundo posto na División de Prata, detrás do Sporting Coruñés, sendo o entrenador-xogador José Morado, disputándollela promoción ao Deportivo Ciudad. Na tempada 69/70 ascende de novo á Primeira División, ao gañar a promoción ao S.D. Sin Querer.
Coa demolición do local da Plaza de Toros, aqueles directivos pecharon unha etapa, conseguindo repescar a Luis Ripoll como Presidente, quen, coa axuda de Ché Luis García de la Torre, e da Entidad Constructora Sagrada Familia, permitíronlles instalarse nos locais sociais deste barrio. A colaboración co equipo Sagrada Familia había de sentar os fundamentos para unha espléndida década dos 70, inzada de títulos ligueiros.
Dende o ano 1970 o actual Imperátor O.A.R. afianzouse deportivamente, proba disto son os éxitos logrados, que comezan na tempada 1975/76, onde se proclaman campións de Liga, e dentro desta época, destacar a tempada 1984/85, na que cren acadar logros non superados por ningún club: Campións de Liga, Copa, Mini Teresa Herrera, Caixa de Galicia e Copa Liceo.
No ano 1980 fírmase a filialidade co Club Sagrada Familia, do que era Presidente e Fundador Don José Martinez, que foi un dos piares do Imperátor O.A.R.
En 1981 foille concedida a Medalla ao Mérito Deportivo, na súa categoría de prata, ao xogador do Imperátor O.A.R., Manuel Mariñas.
Na tempada 82/83, o club foi premiado pola Federación Galega de Fútbol, co Trofeo Federico Fernández Sar, máximo galardón que se concede á promoción do fútbol base e que temos como orgullo e nos anima ao traballo continuado nas categorías inferiores.
En 1984 foille concedida a Medalla ao Mérito Deportivo, na súa categoría de bronce, ao xogador Juan Carlos Parada Castiñeiras.
En 1986, por primeira vez na historia do club, o Imperátor O.A.R. proclamouse Campión Galego de Afeccionados, sendo quen de chegar a cuartos de final no Campionato de España.
O 18 de setembro de 1989 inaugurábase na Travesía Cardenal Cisneros 3-4, o que segue sendo a día de hoxe o local social do club, onde se contou coa asistencia e beizón por parte do fundador do club, Don José Luis García de la Torre, acto ó que asistiron tamén o Presidente da Real Federación Española de Fútbol Don Ángel María Villar, o presidente da Diputación Provincial da Coruña Don Salvador Fernández Moreda, o Presidente da Federación Galega de Fútbol Don Basilio Caramés Mato, o Abade da Colexiata Don Rafael Taboada e outras moitas autoridades, así como o cadro de xogadores, técnicos e aqueles outros veteranos e directivos doutras épocas.
En 1993 e, á proposta da Federación Galega de Fútbol, foinos concedida pola Secretaría Xeral de Deportes da Xunta de Galicia o premio ao MELLOR CLUB GALEGO DE FÚTBOL, o que marca un fito dentro dos primeiros cincuenta anos de historia do club.